O colectivo xitano que comercia nas inmediacións de Frigsa pide solucións

Marta de Dios Crespo
MARTA DE DIOS LUGO / LA VOZ

LUGO

MARTA DE DIOS

O Concello halles pedido que abandonen o mercado pola instalación de 15 novos postos

13 ago 2019 . Actualizado ás 16:33 h.

Medio centenar de persoas ve ameaza a súa forma de vida coa instalación dos novos postos no mercado de Frigsa. Trátase dun colectivo dunhas 50 persoas, de etnia xitana, que leva uns cinco meses vendendo obxectos de segunda man nas inmediacións do mercado. Agora, o Concello pídelles que abandonen o sitio para instalar 15 novos postos.

Hoxe visitaron a Casa Consistorial para reunirse cos responsables municipais e reclamarlles solucións. Aseguran que lles advertiron que Urbaser levará estes días o material que quede por alí e que o venres xa non poderán instalarse. Eles ameazan con instalarse na praza Maior se non lles buscan unha alternativa.

«O que queremos é que non nos quiten de onde estamos. Se temos que pagar algo, pagamos. Queremos unha solución, que a busque a alcaldesa ou o goberno local. Nós temos fillos e familia, o que estamos a vender son cousas usadas sen moita importancia, pero dános para comer», di Castor, erixido como portavoz do colectivo.

A concelleira nacionalista, Cristina López, foi quen lles recibiu pola mañá e animou a algúns deles a presentar as solicitudes necesarias para regularizar a súa situación. Do medio centenar que a día de hoxe instálanse no mercadillo de Frigsa, 16 xa formalizaron a súa petición por rexistro e o BNG asegura que habilitará un espazo tras o auditorio a modo de transción para aqueles que iniciaron os trámites municipais.

As reformas que se farán na localización do mercado deixarán a rúa paralela ao Auditorio cunha única fila de vendedores para permitir o paso de vehículos de urxencia en caso necesario. Tamén se crearán espazos de venda no aparcadoiro do lateral do Auditorio para establecer unha ordenación deste espazo onde se estableceu un mercadillo sen regularizar.

«Imos darlle a máxima axilidade á tramitación dos permisos solicitados por aquelas persoas que presenten a corresponde documentación e cumplan cos requisitos necesarios para exercer a venta no mercado», apuntaba Cristina López.