A Policía celebrou o seu aniversario co reto de aumentar axentes

TANIA TABOADA

LUGO

17 ene 2018 . Actualizado á 05:00 h.

A Policía Nacional celebrou onte en Lugo o 194 aniversario da creación deste corpo nun acto presidido polo subdelegado do Gobierno, Ramón Carballo, quen defendeu o servizo «crucial e imprescindible» que desenvolve este corpo de seguridade.

Pola súa banda o comisario, Antonio Villamarín, considerou que nas tres comisarías da provincia luguesa existe un déficit de máis de 60 axentes. «Non digo ao cento por cento, pero a nivel da provincia para completar o catálogo serían necesarios 68 ou 69. Iso vai ser difícil de momento, en tanto as novas promocións non vaian cubrindo o déficit que imos arrastrando», indicou. Villamarín tamén sinalou que este é un problema que se arrastra no ámbito nacional e autonómico, con «un vinte por cento de déficit con respecto ao catalogo de postos de traballo».

No transcurso do acto entregáronse diplomas acreditativos a 18 policías nacionais, xubilados recentemente, en recoñecemento ao labor que desenvolveron durante os anos de servizo. Os galardóns foron para: Jesús Eliseo López Novo, Ángel González Montesinos, Benigno López Jorge, José Jesús Novoa Gómez, Manuel Carballido Hortas, Manuel López Castro, Juan Bautista Aleixandre Tejada, Modesto Rico Lagarón, José Cedrón Veiga, José Manuel Rouco Lamas, José Antonio Peral Regueiro, Rosende Lombao Lombao, José Barreiro López, Gil Pardo Fernández, José Rodríguez García, Rafael Vázquez Martínez, José Antonio Fernández Vázquez e Víctor Valdés Cadenas.