A curiosa historia dos «Guitar Heroes»

Mario Seijas

ÚLTIMA HORA

Guitar Hero 3

O videoxogo «Guitar Hero» é un título con gran éxito no mundo dos streams, a pesar de non ofrecer unha experiencia de xogador vs xogador

05 abr 2018 . Actualizado ás 15:06 h.

Estamos acostumados ao compoñente competitivo nas plataformas de streaming, os xogos que conquistan estes portais adoitas ter un compoñente PvP (Player Vs Player) moi marcado, e a miúdo son xogos baseados no traballo en equipo. Un caso diferente é o dos xogos «Guitar Hero», que permiten ao xogador tocar gran número de cancións do seu artista ou banda favorita utilizando unha guitarra con botóns como mando. O compoñente competitivo que rodea ao xogo é máis persoal, está máis orientado á superación fronte á clásica dualidade de vitoria ou derrota.

Adaptación para Guitar Hero de la Gibson SG
Adaptación para Guitar Hero da Gibson SG Amazon

Este formato tivo gran éxito en plataformas de streaming e youtube, xa que a xente se expuña retos, trataba de espremer os contidos do xogo ao máximo para aumentar a dificultade ata niveis case inhumanos. Por exemplo, a canción «Through the Fire and Flames» de Dragonforce foi moi popular na súa época por aparecer no «Guitar Hero 3» (2007) e ser unha das cancións máis difíciles de tocar na historia dos «Guitar Hero». Rematar de tocar esta canción no xogo acabou considerándose un importante logro persoal na comunidade, e o mundo dos streamers non tardou en xerar retos ao seu redor. Concretamente, o streamer «UKOGmonkey» logrou en abril de 2016 completar a canción ao 100%, sen fallar nin unha soa nota e a unha velocidade mesmo superior á orixinal.

Todo isto xerou unha especie de táboa de marcas, onde os xogadores trataban de superar a marca de streamers e xogadores profesionais. O propio «Guitar Hero 3» integrou no seu xogo unha canción descargable titulada «Do not try this song» (non intentes esta canción) co obxectivo de ofrecer unha experiencia máis crúa e complicada que «Through the Fire and Flames».

Con todo, sería a xente a que realmente poría sobre a mesa os desafíos máis curiosos, creando as súas propias cancións e adaptándoas ao formato de «Guitar Hero». Por exemplo, foi moi popular unha pista descargable que engadía unha dificultade extra á canción «Master of Puppets» de Metallica, e é que cada vez que se escoitaba a palabra «Master», a canción aumentaba a velocidade. A rapidez que chegaba a acadar daba lugar a situacións en grao sumo desafiantes.