Dá igual se es das que non pode saír de casa sen os beizos pintados ou se, pola contra, só usas carmín en ocasións especiais porque seguro que, máis dunha vez, preguntácheste cal é a cor que mellor che queda, como facer que o carmín dure máis ou que trucos hai para coidar a boca

UXÍA RODRÍGUEZ
A Rúa, Ourense (1986). Coordinadora de La Voz da Saúde cunha misión, que todos nos coidemos máis e mellor. A pandemia de covid-19 non só a vivín, tamén a contei en La Voz de Galicia. Moito antes de todo isto traballei en Vtelevisión durante case unha década como redactora, reporteira e presentadora. Alí dirixín e presentei o programa Sa sa, sobre sanidade, benestar e nutrición.

Houbo unha época na que pintarse os beizos ía moito máis alá do simple xesto, gusto ou costume. Houbo unha época na que o pintalabios non era só un produto cosmético. A loita pola igualdade da muller atopou no carmín a súa principal arma. A principios do século XX, no punto álxido do movemento polo sufraxio feminino, as mulleres aplicábanse pintalabios en público para escandalizar aos homes. Un obxecto que se chegou a converter anos máis tarde nun índice económico: o lipstick index determinaba que en tempo de crise a venda de labiais vermellos aumenta estrepitosamente, tal como ocorreu durante a Gran Depresión.

A barra de beizos tamén serviu de arma para os homes na época do manstick con David Bowie como grande adaíl.

E é que a vida se ve doutro xeito cos beizos pintados. Senón que llo digan a Holly Golightly (Audrey Hepburn) en Almorzo con diamantes, «Importaríache abrir ese caixón e darme o meu bolso? Para ler esta clase de cartas hai que levar os beizos pintados.»

 

En pleno século XXI o pintalabios segue sendo un compendio de todo iso e moito máis: é o cosmético total.

Dá igual se es das que non pode saír de casa sen os beizos pintados ou se, pola contra, só usas carmín en ocasións especiais porque seguro que, máis dunha vez, preguntácheste cal é a cor que mellor che queda, como facer que o carmín dure máis ou que trucos hai para coidar a boca.

Buscamos respostas a todo iso coa axuda de alguén que sabe moito. A maquilladora e estilista, Estefanía Mosqueira, responde a todas as nosas dúbidas.

«Sorrí e pinta os beizos. Ese é, ou debería ser, o ABC da beleza», esa é a súa carta de presentación que vén acompañada doutro lema: «A todas quédanos ben todo sempre que estea posto con gusto». Partindo de aí imos buscar algúns consellos que nos sirvan de guía para acertar.

Se tes a pel e o pelo claros...

«Aquí convén usar tons que non difiran nin rompan esa liña suave que teñen as persoas coa pel e o pelo claros». O cor fetiche? O carmín. «Un truco de beleza está en acompañar ese pintalabios dun colorete na mesma cor. O colorete queda especialmente ben e, con eses dous elementos e un pouco/pouo de máscara de pestanas, xa non se necesita nada máis», explícanos Estefanía Mosqueira.

A elección da maquilladora: ROUGE COCO LIP BLUSH 414 tender rose de Chanel. Permite dar cor ao beizo e as fazulas, un dous nun.

Aínda que, como diciamos ao principio, aquí non existen regras e, se existen, están para romperse. Aí vai un exemplo con nome e apelidos: Marilyn Monroe

Se tes a pel clara e o pelo escuro...

Aquí pódese abrir un pouco/pouo máis o abanico de cores. Podemos favorecer o ton da pel ou o ton do pelo. «Elixiría cores máis atrevidas: rosa forte, violeta ou vermello».

A elección da maquilladora: Dragon Girl Velvet Matte Lip Pencil de NARS. «Este frambuesa intenso é o meu amuleto dentro do maletín de maquillaxe. No seu día tamén o puxo de moda Sara Carbonero».

Outra boa opción, máis económica, é a Cor Riche Mate 347 Haute Rouge de L´Oreal. 

 Se tes a pel escura e o pelo claro...

O importante para este tipo de caras é despegar o ton do beizo, darlle máis presenza para que destaque. «Eu optaría polos berenxenas e frambuesas», di Estefanía Mosqueira.

A elección da maquilladora: unha aposta, algo arriscada, é o berenxena. Eliximos o de Beauty is Life. Unha marca alemá cunhas barras de beizos moi duradeiras.

Se tes a pel e o pelo escuros...

Pódese subir o ton do beizo sen o temor a que quede moi cargado. Vermellos, corais, fucsias ou marróns (con ou sen brillo). «Só faría unha puntualización importante: hai que ter coidado e non marcar demasiado o ollo para que non nos quede unha combinación demasiado excesiva».

A elección da maquilladora: un clásico de Estée Lauder é o Fiery Almond, un brillo suave marrón. Tamén pode ser unha boa opción decantarse polo fucsia (cor que vai triunfar este verán). 

 Consellos para todos...

Efecto boca mordida: para fomentar a aparencia dun beizo carnoso é importante aplicar a barra de beizos coas xemas dos dedos. Dando golpecitos ata conseguir a intensidade de cor desexada.

Beizos hidratados: unha vez por semana e de noite habería que facer unha pequena exfoliación dos beizos. Pódese fabricar unha mestura sinxela con crema hidratante e azucre e aplicala coa xema do dedo ou, directamente, fregar cun cepillo de dentes. Retiramos e poñémonos vaselina ou un hidratante labial. O rei dos reis en canto a hidratación é, sen dúbida, leste:

Protección solar: o sol tamén é o peor inimigo para o envellecemento dos beizos así que é moi importante protexelos, sobre todo, cando vai haber unha exposición directa. Para logralo cun toque de cor nosa maquilladora de cabeceira opta polo Butter Stick Lip Treatment de Kiehl's.

Máis duración: para que nos duren máis tempo os beizos pintados hai un truco moi sinxelo. Aplicar o carmín, fixalo cun clínex (morder un pano de papel ou pano de mesa) e volver aplicar o labial. 

PARA SABER MÁIS