TERCEIRA AUTONÓMICA O Sober terá que agardar polo ascenso de categoría

luís conde MONFORTE / LA VOZ

SOBER

CEDIDA

01 may 2024 . Actualizado ás 19:49 h.

Non puido ser. O Sober non logrou o ansiado ascenso á Segunda Autonómica. E é que a pesar de chegar ao partido de volta cunha vantaxe de 1-2, os discípulos de Ibán Lagoa sucumbiron ante o Santa Comba por 1-3 na prórroga. Os locais acabaron contrariados coa actuación arbitral. Iso si, a afección local gañou por goleada, xa que encheu as bancadas de Centeás.