Os favoritos vencen en Quiroga

luís conde MONFORTE / LA VOZ

QUIROGA

Rubén Quiroga e Carla Junquera coroan o podio do Ultra Quiroga Trail Challenge

04 feb 2023 . Actualizado ás 20:51 h.

Non houbo sorpresas na primeira xornada do Quiroga Trail Challenge. Rubén Diéguez Quiroga e Carla Junquera Marqués coroaron o podio da distancia reina desta proba que reuniu a 1.200 corredores, a Ultra. Tras pouco máis de sete horas, Diéguez cruzou en primeiro lugar a meta, o mesmo que fixo Junquera, que investiu pouco máis de dez horas en acometer o percorrido.

O podio masculino completárono Fidel Fernández e José Manuel Gil, mentres que en mulleres subiron ao mesmo Silvia Trigueros e Vanesa Pérez. Nesta proba reina, os corredores tomaron a saída ás oito da mañá cunhas temperaturas moi baixas e uns carreiros xeados.

Polo que respecta á clasificación de maratón, coparon os primeiros postos o atleta valisoletano Santiago Mesquita e a corredora portuguesa Lucinda Sousa, cuns tempos de 5:22 horas e 6:04 horas, respectivamente.

O segundo e o terceiro posto adxudicáronllos na categoría masculina Marcos Rey e Jorge Rente, respectivamente, mentres que en mulleres completaron o podio Angels Lobera e Rosa María Araújo, respectivamente.

Na distancia Trail repartíronse o podio masculino entre Carlos Pernas, Bruno Cardamas e Javier Janeiro, mentres que en mulleres accederon ás medallas Alba Rey , Laura Álvarez e Patricia Noya.

A xornada competitiva completouse coa distancia Minitrail. No apartado masculino o vencedor foi Anxo Cid, ao que seguiron Christopher Fernández e David Esteban. En mulleres impúxose Beatriz Álvarez, que avantaxou en nove minutos a Vanesa Mella, que foi segunda, e en doce a Benigna Toirán, que acabou no terceiro posto.

A competición complétase este domingo coas distancias en territorio Lor

Este domingo dispútase a segunda e última xornada do Quiroga Trail Challenge. E aquí os corredores competirán nas categorías de Trail e Minitrail, ademais de completar os circuítos dos deportistas que participen ambos os días en calquera das catro distancias.

Este sábado, Quiroga está a rebordar, e é que aos 1.200 corredores que compiten hai que unir aos seus acompañantes. Esta competición, sin duda, supón unha importante inxección económica para os municipios que conforman esta comarca da Ribeira Sacra.

Hai que sinalar que a proba está totalmente consolidada, e demóstrao o feito de que cada vez son máis os corredores que chegan desde diferentes partes de Galicia, así como do resto de España e de Portugal. Tamén hai unha ampla representación de corredores da zona sur da provincia.