Tres veciños do Saviñao intoxicados por gas na súa vivenda

O Saviñao

O suceso produciuse nunha casa situada na parroquia da Broza

08 ago 2023 . Actualizado ás 10:06 h.

Tres veciños do municipio do Saviñao foron trasladados en ambulancia ao ter sufrido unha intoxicación por gas cando cando se atopaban no seu domicilio. O suceso produciuse na localidade da Broza, pertencente á parroquia do mesmo nome. Os servizos de urxencia do 112 recibiron por este motivo un aviso do persoal urxencias sanitarias pouco antes das once da noite deste luns.

Os bombeiros que acudiron á vivenda onde se produciu o suceso confirmaron a presenza de monóxido de carbono no interior do inmoble, o que —segundo precisaron desde o 112— puido deberse a unha mala combustión da cociña ou á acumulación de lixo dentro da casa. Os intoxicados foron trasladados en ambulancia ao momento de atención continuada.