Outra fuga provoca o cuarto corte de auga na mesma zona de Monforte nunha semana

MONFORTE DE LEMOS

Ocorreu na rúa Escultor Francisco Moure, unha das máis afectadas polos rebentóns recorrentes que sofren as tubaxes da traída
18 may 2025 . Actualizado á 19:26 h.Unha avaría deixou este domingo sen auga durante horas por centos de veciños de Monforte. Debeuse a unha rotura na tubaxe da rúa Escultor Francisco Moure, unha zona moi castigada por este tipo de incidencias. A deste domingo é a cuarta que se rexistra en só unha semana e nesa mesma parte do centro urbano.
O rebentón tivo lugar un pouco antes das dez da mañá no cruzamento entre Francisco Moure e a rúa Castelao, moi preto do paso a nivel . Provocou unha fuga de auga importante que alagou esa parte da rúa Castelao e que non cesou ata que o persoal de Aqualia empezou a traballar sobre o terreo.
A rotura da tubaxe deixou sen auga Francisco Moure e algunhas zonas próximas, pero os traballadores de Aqualia puideron reabrir pola mañá a subministración de forma temporal e precaria. A auga chegaba ás casas, pero en moi pouca cantidade.
No Concello deron a avaría por resolta ás seis da tarde, oito horas despois de que rexistrase a fuga.
As tubaxes da traída de Monforte sofren rebentóns frecuentes a causa do mal estado que presenta boa parte da rede. O Concello ten en marcha investimentos importantes para renovar o sistema de subministración de auga.