Detida en Monforte tras propinarlle unha coitelada no pescozo ao seu marido

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

ALBERTO LÓPEZ

O home permanece ingresado no hospital e a policía investiga se a arrestada estaba a defenderse dunha agresión

19 novs 2018 . Actualizado ás 10:16 h.

Unha muller foi detida esta fin# de semana en Monfore por propinar unha coitelada ao seu marido, que permanece hospitalizado no hospital comarcal. A Policía Nacional investiga as circunstancias nas que se produciu o suceso, para determinar entre outras cousas se a muller se estaba defendendo dunha agresión do seu marido, como ao parecer alega ela.

O incidente ocorreu durante a noite do sábado ao domingo e o home foi trasladado en ambulancia ao hospital cun corte no pescozo. Tras pasar polo servizo de urxencias, onte foi trasladado a planta, onde continuaba esta mañá á espera de que os médicos consideren que lle poden dar a alta.

Pola súa banda, a muller permanece detida desde que se produciu o suceso e terá que declarar esta mañá no xulgado de Monforte ao que lle corresponde investigar o sucedido.