Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.
La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Chantada rende homenaxe a Xosé Lois García no seu 80 aniversario

La Voz CHANTADA / LA VOZ

CHANTADA

Xosé Lois García é autor dunha vasta obra literaria e ensaística
Xosé Lois García é autor dunha vasta obra literaria e ensaística ROI FERNANDEZ

Especialistas e amigos analizarán a súa figura este sábado no auditorio

05 sep 2025 . Actualizado a las 18:19 h.

Chantada prepara para esta fin de semana un simposio homenaxe para poñer en valor a figura de Xosé Lois García no seu 80 aniversario. Unha comisión organizadora formada por amigos deste escrito chantadino puxo en marcha esta convocatoria co obxectivo de recoñecer os oitenta anos de cultura e vida dunha das personalidades intelectuais máis relevantas da comarca.

O acto, que terá lugar este sábado, 6 de setembro, durante todo o día no auditorio municipal, situado na praza de Galicia, combinará mesas de debate sobre as distintas facetas da traxectoria de Xosé Lois García cunha apertura de exposición bibliográfica e actuacións musicais.

A programación detallada do simposio é a seguinte:

Sábado, 6 de setembro.

  • 9:15h. Apertura dunha bxposición Bibliográfica
  • 9:30h. Acto Introdutorio. Benvida aos participantes. Entrega a Xosé Lois García do primeiro exemplar do libro
  • 10:30h. O home e a terra. María Pilar García Negro, Alberte Ansede, Uxío Novo Rei, J. L. Pires Laranjeira, Vitorino Pérez Prieto. Héitor Picallo Fontes, orador e moderador.
  • O compromiso social. Galiza e Cataluña. Susana Montesinos Amado, Diogo Tabuada Varela, Suso Mazaira Varela, Pepe de Requeixo, Carlos Fernando Varela. Antón Fernández Escuredo, orador e moderador.
  • 14.00 h. Xantar de cofraternidade.
  • 17:00h. A Obra literaria. Vilma Galhego, Xosé Manuel Eyré, Francisco Topa, Camilo Gómez Torres, Esperanza Luz Mariño Dávila. Iago Suárez, orador e moderador.
  • Pola lusofonía. Lopito Feijóo, Curra Figueroa, Julião Soares Sousa, Miguel Augusto Sousa. Claudio Mello, orador e moderador.
  • O Románico de Nós. Luís Fernández Guitián, Isaac Alonso Estraviz, Francisco Pardo, Flora Enríquez Rodríguez. Carolina Casal Chico, oradora e moderadora.
  • A parte musical correrá a cargo de: Xico de Carinho, Mini Rivas Cruz, Os Parentes de Sober e o dúo angolano Chalo Correia e Carlos Alberto Gonçalves.

Un legado vasto e diverso

Xosé Lois García Fernández, nado en Lugo o 22 de abril de 1945 e criado en Merlán (Chantada), é unha das voces máis polifacéticas e prolíficas da cultura galega contemporánea. A súa traxectoria vital estivo marcada por unha longa etapa en Barcelona, onde traballou como obreiro metalúrxico na Seat e se licenciou en Historia pola Universidade de Barcelona. Alí desenvolveu un intenso labor como director do Arquivo Histórico Municipal e Responsable de Patrimonio de Sant Andreu de la Barca, concello do que é Fillo Adoptivo e Cronista oficial.

A súa obra, que supera o medio centenar de títulos, abarca a poesía, o ensaio, a narrativa, o teatro e a literatura infantil. É un profundo coñecedor e divulgador da simboloxía do románico, especialmente da Ribeira Sacra e da Ulloa, con varias publicacións de referencia sobre este eido. A súa faceta de investigador e antólogo da literatura lusófona, particularmente a africana, é outra das súas grandes contribucións, labor que lle valeu o recoñecemento como membro de honor da União dos Escritores Angolanos e membro correspondente da Academia Angolana de Letras.

Como xornalista e columnista, as súas colaboracións foron constantes en medios galegos, cataláns e portugueses . A súa poesía, reunida en volumes como ‘Kalendas’ ou ‘Por ninguén aloumiñada. Poesía completa’, caracterízase por un profundo vínculo coa terra e un compromiso social inquebrantable.

Cinco eixos

O simposio percorrerá estes cinco eixos centrais que marcaron a súa vida e obra: a súa vinculación coa terra, o seu compromiso social e as relacións entre Galiza e Cataluña, a súa produción literaria, a súa proxección na lusofonía e a súa paixón polo románico.

A xornada pechará cun concerto que mestrará a música tradicional galega, a cargo de Xico de Carinho, Mini Rivas e Os Parentes de Sober, coa música lusófona do dúo angolano Chalo Correia e Carlos Alberto Gonçalves, representando así dous dos grandes eixos culturais da traxectoria de Xosé Lois García.