Un CB Chantada coral logra o triunfo no derbi ante o Estudantes

luís conde MONFORTE / LA VOZ

CHANTADA

CEDIDA

O equipo de Fafián pecha o ano con dez vitorias consecutivas

16 dic 2023 . Actualizado ás 20:51 h.

O Ucoga Seguros CB Chantada levou o derbi provincial do grupo A-B de lígaa EBA ante o Estudantes. É a décima vitoria consecutiva do conxunto de Alberto Fafián, que deste xeito pecha o ano 2023 ao grande. Este triunfo, que se cimentou no segundo e no terceiro cuarto permite aos chantadinos consolidarse na zona de privilexio da clasificación e afrontar con menos presión as dúas próximas xornadas, nas que se verá as caras con opoñentes directos por clasificarse para a fase de ascenso da Liga LEB.

Na previa do partido, o segundo adestrador do Ucoga Seguros CB Chantada, Alberto Gómez, afirmou que unha das claves para levar a vitoria estaría en saber xestionar as emocións, e si, os seus xogadores fixérono. Salvo no primeiro cuarto, no que o choque estivo bastante igualado, no segundo, mercé a unha gran intensidade defensiva e a unha boa versión ofensiva, os locais tomaron vantaxe no luminoso, circunstancia que lles permitiu chegar ao descanso cun marcador favorable de 33-21.

E se na segunda entrega, o cadro de Fafián ofreceu unha boa imaxe, no terceiro os afeccionados presenciaron a mellor versión dos seus. Esta espectacular posta en escena tras o regreso dos vestiarios catapultó aos chantadinos cara á décima vitoria.

O último cuarto estivo máis igualado. E é que os locais levantaron o pé do acelerador, o que propiciou que os lucenses tratasen de maquillar o marcador, algo que non conseguiron. Os chantadinos neutralizaron totalmente aos referentes dos lucenses, como no caso de Diop, ao que deixaron cuns rexistros pouco habituais.

Esta vitoria consolida ao Ucoga Seguros CB Chantada como claro candidato á fase de ascenso. A permanencia está practicamente no peto.

?

Casais (4), Carlos Noguerol (8), Trouvé (15), Cristian Iglesias (9) e Ferreira (11) -cinco inicial- Tamén xogaron Gómez (5), Díaz, Walter, Rosic (9) e Ruano (5).

?

Beltrán (10), Fernández (3), Andrés Corral , Hermida (8) e Leiro (4) -cinco inicial- Tamén xogaron Nogueira, Amado, López (7) e Diop.

PARCIAIS EN CADA CUARTO: 19-16, 14-5, 17-8 e 16-16.

ÁRBITROS: Pilar Carrasco e Julián Rico.

INCIDENCIAS: Partido do grupo A-B de lígaa EBA, que se disputou no pavillón municipal de Chantada, que rexistrou unha gran entrada. A recadación do partido destinouse á Asociación de Familiares de persoas con Alzheimer de Chantada.