Concentración pola sanidade pública en Chantada

CHANTADA

Los asistentes se concentraron ante del edificio del centro de salud de Chantada
Os asistentes concentráronse ante do edificio do centro de saúde de Chantada CEDIDA

Numerosas persoas asistiron á convocatoria ante o centro de saúde da localidade

04 novs 2023 . Actualizado ás 16:32 h.

Numerosas persoas participaron ao mediodía deste sábado nuna concentración en defensa da sanidade pública convocada pola plataforma Chantada Quere Sanidade. A convocatoria, segundo afirman os organizadores «foi un éxito a pesar da climatoloxía» e expresou «un clamor unánime a prol dunha atención sanitaria pública con calidade asistencial, para o que é necesario que Chantada teña o persoal médico e de enfermaría».

Durante a concentración leuse un manifesto no que —de acordo coa plataforma convocante— «subliñáronse os continuados recortes que levamos padecendo, a falta de especialistas no hospital comarcal e os centos de millóns que se levan recortando desde a Xunta e que explican que hoxe se invista menos que no ano 2009».

Desde a plataforma Chantada Quere Sanidade manifestaron así mesmo a súa intención de seguir «desenvolvendo accións» e de dirixirse á xerencia da área sanitaria «en procura de solucións para os nosos centros de saúde e máis para o hospital comarcal, cuxa directora debe demitir». O colectivo di estar a recoller firmas e estudará «emprender novas mobilizacións polas rúas da vila ata que haxa unha solución satisfactoria para os nosos centros de saúde».

No chamamento á concentración, a plataforma expresou a súa vontade de . «demandar melloras no centro sanitario local e trasladar á administración a situación abafante e ás veces límite que a cotío se vive na atención primaria e o punto de atención continuada da vila, ao que tamén acuden veciños do concello de Carballedo»Entre os problemas que sinala o colectivo está o da cociente médico-paciente, que cualifican de . «insostible»A este respecto, din que no centro de saúde local hai «consultas onde se atende nunha xornada a máis de 70 pacientes, aos que segundo a administración se lles debe dedicar non máis de sete minutos». Doutra banda, afirman que «as xubilacións de persoal, tanto médico como de enfermaría, non se cobren, dando paso ao peche de consultas, incluso de especialidades como pediatría». En canto ao Hospital Público de Monforte, desde a plataforma din que «o persoal médico é cada vez máis escaso e mesmo especialidades como dixestivo e rehabilitación non contan con profesionais no centro, polo que os pacientes son derivados a outras consultas ou mesmo algúns especialistas son trasladados desde outros hospitais, o que debilita o tecido sanitario e mesmo mingua recursos».