Un axente de Chantada preside a executiva galega da Unión de Gardas Civís

f. albo CHANTADA / LA VOZ

CHANTADA

ROI FERNÁNDEZ

O órgano directivo da asociación foi renovado nun congreso celebrado nesta localidade

22 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O edificio multiusos de Chantada acolleu onte un congreso extraordinario da Unión de Gardas Civís que tivo por obxectivo renovar a executiva galega desta asociación profesional, que estivo rexida durante máis de dous anos por unha xestora. Unha vez solucionados os problemas internos que deron pé a esta situación, a nova executiva está encabezada por José Freire García -que traballa no Xulgado de Chantada- como secretario xeral. Os demais integrantes son Juan Carlos Bouzas, secretario de organización; Borja Docobo, secretario de relacións internas; Iván Estévez, responsable de acción social; David Marey, secretario adxunto xurídico, e Marcelino García Bermúdez, vogal da sección galega na executiva estatal e responsable autonómico de riscos laborais.

No congreso abordáronse tamén cuestións como a creación de unidades de seguridade cidadá nas provincias de Lugo e Ourense, a reestruturación territorial do corpo e a equiparación salarial cos Mossos d'Esquadra. Os organizadores agradeceron ao Concello as facilidades que deu para celebrar o encontro nun edificio de titularidade municipal.