Unha exposición e unha peza de teatro para homenaxear a Castelao na Pobra do Brollón
A POBRA DO BROLLÓN

A Casa de Cultura acolle a exposición conmemorativa «Sempre en Galiza 1944-2024»
22 ago 2025 . Actualizado á 18:28 h.A Casa de Cultura da Pobra do Brollón acolle ata o próximo día 29 a exposición «Sempre en Galiza 1944-2024», organizada pola área de Cultura da Deputación lucense para conmemorar o 75 aniversario do pasamento de Castelao. A mostra pode visitarse de luns a venres en horario de 10.30 a 13.30 horas. É preciso pasar previamente pola biblioteca municipal para solicitar a chave do local onde se encontra a exposición.
Por otro lado, a Casa de Cultura acollerá o próximo día 30 unha representación da obra teatral Cousas a cargo da compañía Os Quinquilláns. A obra está baseada nos relatos do libro homónimo de Castelao e, segundo explican desde o Concello, «transita entre a traxedia, a comedia e a farsa», e contén os temas presentes no libro orixinal, como a emigración, a solidariedade e a xustiza social.
A función teatral, que dura aproximadamente 55 minutos, ofrecerase a partir das 21.00 horas. Ás 20.30 dese mesmo día, ademais, haberá unha visita teatrzalizada á exposición.