Segundo rescate no río Pedras na mesma tarde

Marta Gómez Regenjo
M. Gómez RIBEIRA

A POBRA DO BROLLÓN

CEDIDA

Unha muller tivo que ser trasladada ao hospital tras romperse un nocello na contorna das piscinas naturais

24 ago 2020 . Actualizado á 20:34 h.

Dúas veces nunha mesma tarde tiveron que acudir os equipos de emerxencias á contorna do río Pedras por accidentes sufridos por persoas que saíron malparadas ao caerse nos irregulares accesos ás piscinas naturais. Cara ás sete desta tarde, o 112 alertaba do segundo contratempo do día, o dunha muller que rompeu un nocello.

Nesta ocasión, o incidente produciuse nunha zona accesible para os vehículos de emerxencias, polo que a muller lesionada puido ser trasladada ao hospital nunha ambulancia do 061. Os primeiros en chegar ao lugar do contratempo foron os axentes da Policía Local, que só un par de horas antes abandonaran o río Pedras tras o complicado rescate dun mozo que caeu nas rocas. Tamén se desprazaron á zona os bombeiros de Boiro.

Ao parecer, a vítima ía camiñando pola senda e escorregou, sufrindo unha fractura no nocello dereito. Tras ser estabilizada, a ambulancia levou ao hospital comarcal.