O exgerente do Atlético, Clemente Villaverde, na Ribeira Sacra

Luis conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CEDIDA

O exdirectivo, que agora preside A Fundación LaLiga, gozou dos encantos da zona

23 may 2025 . Actualizado á 16:50 h.

A Ribeira Sacra converteuse nun lugar de visita de personaxes de diferentes ámbitos da sociedade. Cada vez son máis os deportistas que se achegan a gozar dos encantos da zona.

O último en pasar pola Ribeira Sacra foi o exgerente do Atlético de Madrid e actual presidente da Fundación LaLiga, Clemente Villaverde. O exdirectivo colchoneiro gozou dun bo xantar no restaurante Praia da Cova, que dirixe o empresario monfortino, Diego Rodríguez. Quedou encantado da gastronomía e da paisaxe.