A SD Chantada impúxose ao líder, Burela, e aperta a zona nobre da táboa

luís conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CEDIDA

03 mar 2025 . Actualizado á 14:42 h.

A SD Chantada protagonizou a sorpresa na xornada número 24 da liga do grupo terceiro da Primeira Futgal. Os discípulos de Traste dobregaron ao líder, o Burela, por 2-0.

Os chantadinos certificaron un partido moi completo. Esta vitoria mantenos na cuarta praza da táboa clasificatoria con 50 puntos. Está a seis do líder, a catro do segundo clasificado, a Residencia; e a dous do terceiro, o Castro.

Este triunfo dos chantadinos aperta máis a zona nobre da clasificación. E, sen dúbida, deixa o desenlace da competición para este tramo final.

O Taboada non puido superar a un Castro, que se presentou no campo da Medela-Canti co obxectivo de levarse os tres puntos. Esta derrota (0-2) deixa ao Taboada na décima praza da categoría con 31 puntos.

Postos de descenso

Pola súa banda, o Oural non pasou do empate (2-2) ante o Meira, un resultado que o mantén en posicións de descenso á Segundo Futgal. O conxunto de Negrete suma 20 puntos, os mesmos que acumula o Outeiro de Rei, e catro máis que o Meira.

O encontro que tiñan que disputar o Foz e o Chantada Atlético foi suspendido polo falecemento do mozo futbolista do club de Ou Sangoñedo, Jairo Fuente.