O monfortino Edu Iglesias ascende ao posto 79 do rali Dakar

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

MARCELO

15 ene 2024 . Actualizado ás 21:15 h.

O piloto monfortino Edu Iglesias escala posicións no rali Dakar. O deportista local concluíu a oitava etapa desta proba, que discorreu entre as cidades da o Duwadimi e Hail, no posto 85, circunstancia que lle permite situarse na posición 80 da clasificación xeral.

Afrontou unha ligazón de 220 quilómetros e unha especial, que a organización recortou pola situación na que quedou o circuíto tras as fortes choivas dos últimos días. «No primeiro sector percorrín 170 quilómetros, e teño que dicir que me custou porque todo eran dunas. A diferenza de anos anteriores este tipo de superficie estáseme atragantando, o que acaba por penalizarme. De feito perdín bastante tempo», di Iglesias .

O segundo sector xa foi pedra e aí o piloto monfortino recuperou o terreo perdido da mañá. «Do que fixen neste segundo tramo estou moi satisfeito», di.

Morte de Carles Falcón

A noticia luctuosa foi o falecemento do piloto Carles Falcón, co que Edu Iglesias tiña unha gran amizade. «Estou moi afectado, porque eramos amigos. De feito corría coa moto que utilicei eu dous anos no Dakar. A cabeza e o pensamento fóiseme a el todo o día», conclúe Edu Iglesias , que este martes afrontará a novena etapa do rali.