A SD Chantada derrota ao San Ciprián e sobe ao terceiro posto

Luis Conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

ROI FERNANDEZ

Os discípulos de Traste conseguiron a súa cuarta vitoria ante un dos pechacancelas da Primeira Autonómica

15 oct 2022 . Actualizado á 20:58 h.

A SD Chantada cumpriu o guion previsto e impúxose a un dos pechacancelas do grupo lucense da Primeira Autonómica, o Sporting Lucense. Os futbolistas que prepara Traste saíron moi concentrados, o que lles permitiu marcar o 0-1 aos doce minutos. Con esta vantaxe, os chantadinos seguiron controlando, e ao fío do descanso lograron o 0-2.

Iso permitiulles afrontar con máis tranquilidade unha segunda parte na que marcaron o definitivo 0-3. Con esta vitoria, a SD Chantada sitúase provisionalmente na terceira praza da Primeira Autonómica.

?

Madariaga; Deonildo, Edgar, Rodrigo, Gayoso; Giovani, Oliveira, Adilson, Dani; Xoel e Bertolo. Tamén xogaron Otero, Cortiñas e Samu.

?

Adri; Sergio, Albertito, Joserra, Manu; Kadete, Carneiro, David, Álex; Listón e Delgado. Tamén xogaron Pedro, Marcos, Lamas e Celso.

GOLES: 0-1, min.12, Joserra; 0-2, min.45, David; 0-3, min.70, Carneiro.

ÁRBITRO: Óscar Cabañas. Amoestou aos locais Giovani, Jaime, Daniel e Fidalgo, e aos futbolistas da SD Chantada David, Joserra e Lamas

O Escairón recibe ao Burela e o Chantada At ao Santaballés

Os afeccionados terán a oportunidade de gozar de todo un clásico do fútbol provincial na Primeira Autonómica. Será este domingo (18.15 horas) no campo municipal do Saviñao, escenario no que medirán as súas forzas o Atlético Escairón e o Burela, dous conxuntos con claras aspiracións ao ascenso. Os discípulos de Javier Montoto chegan a este envite moi reforzados tras gañar o derbi ante o Taboada.

O Chantada Atlético, outro dos grandes favoritos para conseguir o ascenso á Preferente, recibe ás seis e cuarto no campo municipal de Ou Sangoñedo ao Santaballés, recentemente descendido e rival directo. Fernando Corredoira dispón de todos os seus efectivos para este choque.

A xornada complétase co partido que o Taboada disputará a domicilio ás cinco e media da tarde ante o Monterroso A. Sen dúbida, un partido con sabor a derbi.