Primeira morte do ano por covid-19 en Monforte

La Voz

LEMOS

Traslado de un paciente con covid-19 al hospital de Monforte, en una fotografía de hace unos meses
Traslado dun paciente con covid-19 ao hospital de Monforte, nunha fotografía de hai uns meses ALBERTO LOPEZ

Unha muller de 85 anos convértese na cuarta vítima mortal da pandemia nesta localidade desde que empezou o inverno

19 ene 2021 . Actualizado ás 21:58 h.

Unha muller de 84 anos morreu este martes no Hospital Público de Monforte, onde se atopaba a tratamento despois de ter sido diagnosticada de coronavirus. Trátase da primeira morte dun paciente de covid-19 que se produce en Monforte e o todo o sur de Lugo no que levamos de ano.

Esta muller é unha das 14 persoas falecidas con coronavirus nas últimas 24 horas en Galicia, segundo a información facilitada pola Consellería de Sanidade a primeiras horas desta noite.

A última morte provocada pola pandemia en Monforte produciuse o 26 de novembro. Foi un home de 106 anos que estaba ingresado no hospital. O día anterior falecera neste centro sanitario unha muller de 85 anos que vivía na residencia de maiores do barrio monfortino do Morín. Antes deles, o 14 de novembro faleceu outra muller, tamén de 85 anos. Eles foron as tres presentas falecidas mentres permaneceu activo o brote de coronavirus detectado en Monforte a mediados de outubro.

Esta primeira morte do ano, a cuarta deste inverno en Monforte, prodúcese cando nesta localidade se están incrementando os contagios. Desde que remataron o Nadal, o número de casos de covid-19 non deixou de aumentar en Monforte. Cos últimos datos dispoñibles, os recolleitos o luns, un total de 57 veciños de Monforte contaxiáronse de coronavirus nos 14 días previos. Son dez máis que 24 horas antes.