O cambio de frecuencias televisivas aplicarase a comezos de ano

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

Antenas de telefonía y televisión en el monte Marroxo, en una imagen de archivo
Antenas de telefonía e televisión no monte Marroxo, nunha imaxe de arquivo ALBERTO LÓPEZ

Monforte e Chantada figuran na lista de lugares onde aínda está pendente xunto con outros seis municipios da zona

27 dic 2019 . Actualizado ás 17:31 h.

Ata o 30 de setembro do 2020 poderán solicitarse axudas para o cambio de frecuencias da TDT. O importe oscila entre 104,3 e 677,95 euros, en función das características das instalacións. Para cobrar as subvencións, será necesario solicitar a correspondente factura aos profesionais que realicen as modificacións.

Entre os municipios onde está pendente o cambio de frecuencias están oito do sur da provincia, nos que está previsto que as modificacións leven a cabo a comezos do 2020.

Nesa tesitura atópanse Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte, Pantón, A Pobra do Brollón. O Saviñao e Sober. Dentro dos prazos fixados, poderase optar en todos elas ás subvencións aprobadas polo Goberno.

Na actualidade a emisión realízase de xeito simultáneo nas frecuencias antigas e nas novas, pero a partir do próximo 10 de febreiro as canles só se poderán sintonizar nas novas.

Segundo informa a Subdelegación do Goberno en Lugo, o cambio e frecuencias non implica a desaparición de ningunha canle nin a caducidade de ningún dispositivo electrónico.

«Simplemente desprazaranse as frecuencias e é necesaria a adaptación das instalacións colectivas de recepción de sinal», sinala este organismo.