Juan Penoucos, bronce no nacional de culturismo

Luis Conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CEDIDA

15 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Ximnasio Lemos continúa sumando medallas. Se hai unha semana, tres dos seus deportistas conseguían varios metais na copa Galicia e no Open autonómico, esta fin de semana Sheila Otero, Juan Penoucos e Víctor Fronteira competiron no campionato de fisioculturismo do norte de España en Ávila, logrando bos resultados.

Juan Penoucos obtivo a medalla de bronce, demostrando que está a un nivel óptimo. Conseguiu dar un paso máis na súa carreira, pero o obxectivo é conquistar o campionato de España.

Víctor Fronteira obtivo unha quinta posición na categoría sénior, un resultado que se pode cualificar de moi meritorio, tendo en conta que o mozo culturista monfortino compite nunha categoría máis baixa.

Polo que respecta á modalidade feminina, Sheila Otero conseguiu a quinta praza na categoría de bikini. A monfortina acabou moi contenta con esta posición, sobre todo tendo en conta que este esta sendo o ano do seu debú en competicións oficiais.

O xerente do Ximnasio Lemos, Alejandro Caride, que arroupou coa súa presenza aos seus discípulos, mostrou a súa satisfacción por estes resultados. «Estou moi contento, porque deron a talla e competiron a un grandísimo nivel. Hai que ter en conta que Sheila comezou a competir este ano, mentres que Víctor competía nunha categoría superior», comenta Alejandro Caride.

Despois deste campionato de España, os deportistas do Ximnasio Lemos continuarán a súa preparación de cara a seguir sumando medallas nas próximas competicións.