O Cafetería Oasis, un histórico do fútbol sala local

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CEDIDA

Os irmáns Docasar formaban parte do equipo que gañou hai 32 anos o campionato local

21 ene 2019 . Actualizado ás 17:50 h.

Hai 32 anos, un equipo histórico da liga comarcal de fútbol sala, o Cafetería Oasis, gañaba con solvencia o título. Naquel equipo formaban os seguintes xogadores: Casto, Domingo, José Antonio, Meji, Emilio, Mario Docasar, Tripli, Vicente Docasar, Grobas e Manolo.

Varios destes deportistas compaxinaban o fútbol co fútbol sala. A calidade de todos propiciou que o Cafetería Oasis levase o campionato de rúa, logrando vitorias avultadas. Entón, os partidos xogábanse no pavillón da Pinguela.