A investigación do Paleolítico do sur lucense cumpre unha década

Francisco Albo
francisco albelo MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

Un aspecto de la última campaña de excavaciones en Cova Eirós, realizada el pasado agosto.
Un aspecto da última campaña de escavacións en Cova Eirós, realizada o pasado agosto. roi fernández< / span>

A Universidade de Santiago non dispón por agora de fondos para continuar as escavacións no 2016

02 ene 2016 . Actualizado á 13:20 h.

Hai agora dez anos levaban a cabo os preparativos para a posta en marcha do proxecto arqueolóxico «Ocupacións humanas durante o Pleistoceno da conca media do Miño», coordinado pola Universidade de Santiago, que empezou a desenvolverse en Monforte en abril do 2006. Os traballos de campo que levan a cabo dentro deste plan céntranse actualmente no coñecido xacemento paleolítico de Cova Eirós, en Triacastela. Por agora, a USC non dispón de fondos para financiar unha nova campaña de escavacións, posto que a subvención concedida este ano pola Consellería de Cultura para continuar os traballos -duns 30.000 euros- xa está totalmente esgotada.

O equipo que leva a cabo as escavacións iniciará en breve negociacións con diferentes entidades -a Xunta, a Deputación lucense e o Concello de Triacastela- a fin de conseguir un apoio económico para que os traballos non se interrompan. O proxecto xa tropezou con problemas de financiamento hai dous anos, ao non poder conseguir unha das axudas para investigación científica do Ministerio de Economía. Por tal motivo, durante ese ano e o seguinte houbo que reducir as campañas de escavación a dúas semanas, no canto das tres ou catro que eran habituais. O apoio económico da Xunta permitiu que este ano se recuperase o ritmo normal.

Un caso excepcional

Este proxecto é o único dedicado ao estudo dos xacementos paleolíticos galegos que se puido desenvolver de forma ininterrompida ao longo dunha década. Tamén destaca por levarse a cabo de forma simultánea en varios xacementos situados en diferentes territorios. En Galicia, as investigacións sobre a prehistoria remota centráronse habitualmente nun só xacemento e comprenderon a miúdo unha única campaña de escavacións, ou cando moito dúas ou tres.

«En Cova Eirós hai para escavar polo menos outros catro ou cinco anos»

O arqueólogo Arturo de Lombera Hermida ha codirigido os traballos de campo realizados nos xacementos paleolíticos do val de Lemos e Triacastela desde o 2006.

-En que estado se achan as escavacións de Cova Eirós?

-Na campaña do pasado verán empezamos a esgotar o chamado nivel 4, que corresponde a ocupacións do home de Neandertal de fai uns 118.000 anos. Por baixo deste nivel descubrimos outro máis antigo, pero por agora non fixemos máis que rabuñalo. Polo que sacamos ata o momento parece que é menos abundante en materiais arqueolóxicos que os niveis superiores, pero é moi interesante porque nos leva a un período que aínda non tiñamos rexistrado neste xacemento.

-Este novo nivel tamén pertence a poboacións do home de Neandertal?

-Si, as pezas que se extraeron ata o de agora tamén se encadran no Paleolítico Medio, aínda que dunha etapa máis antiga.

Pero este novo nivel aínda non está ben caracterizado, que é algo que haberá que facer a partir da próxima campaña.

-Hai outros aspectos que estean pendentes neste momento?

-En los próximos meses deben salir los resultados de una nueva datación radiométrica en el nivel arqueológico 3, al que se asignó provisionalmente una antigüedad de en torno a 84.000 años. Al examinarlo más a fondo encontramos indicios de que puede ser de una época más reciente, así que decidimos datarlo otra vez para confirmar esta suposición. También hay que completar el estudio de las pinturas y los grabados rupestres que se encontraron en la galería interior de la gruta. Y más adelante habrá que abordar un plan de conservación de la cueva. Además de todo esto, hay que seguir analizando las industrias y los fósiles que se encontraron en las campañas que se llevaron a cabo hasta ahora. Esta parte del trabajo está lejos de estar terminada, porque hay muchísimo material para estudiar. Es un yacimiento muy complejo y hay varios frentes de investigación abiertos.

-Canto tempo fará falta para rematar o estudo deste xacemento?

-Non o podemos saber, porque as sondaxes con xeorradar indican que por baixo do que se escavou ata o de agora aínda hai moito sedimento e non sabemos cantos materiais pode conter. Pero polo que temos examinado ata o de agora, calculamos que hai para escavar polo menos outros catro ou cinco anos. Ese o tempo que cremos que nos levará explorar por completo o novo nivel que apareceu baixo o nivel 4. Por baixo podería haber aínda máis cousas, pero iso non pode saberse por agora.

Un proxecto científico de longo alcance que se desenvolve en varias frontes

O proxecto «Ocupacións humanas durante o Pleistoceno da conca media do Miño» desenvolveuse en varios espazos xeográficos.

Val de Lemos. Os investigadores estudaron xacementos situados principalmente en Monforte, pero tamén en Bóveda, Sober e O Saviñao. Neste territorio púidose localizar preto dun centenar de puntos de interese entre o 2006 e o 2010. Entre eles destaca especialmente o xacemento monfortino do monte de Valverde, o primeiro e único do período Solutrense que se coñece por agora en Galicia.

Comarca de Quiroga. Dentro do mesmo proxecto realizáronse prospeccións arqueolóxicas no lugar de Gándara Chá -no municipio de Quiroga- e a Cova do Xato, na serra do Courel.

Triacastela. Neste municipio sitúase o xacemento de Cova Eiró. Este lugar contén o rastro máis importante dos homes de Neandertal rexistrado ata no noroeste ibérico e as únicas mostras de arte rupuestre paleolítico descubertas en Galicia. As escavacións comezaron no 2007 e seguen desenvolvéndose na actualidade.

Becerreá. Os traballos neste municipio centráronse en dous xacementos. Por unha banda, a cova de Valdavara, na que se descubriron industrias e restos fósiis de varias épocas. Preto desta gruta, nunha canteira da empresa Campesa, descubriuse no 2009 o máis importante xacemento galego de fósiles de animais do Pleistoceno.

Un aniversario para o que aínda non hai prevista ningunha celebración

Os responsables do proxecto arqueolóxico consideran que sería moi interesante organizar de cara ao 2016 algunha actividade divulgativa para conmemorar o décimo aniversario da súa posta en marcha. O máis lóxico sería levala a cabo en Monforte, xa que neste municipio foi onde empezou a desenvolverse o plan. Pero por agora non hai nada previsto a este respecto.

O arqueólogo Arturo de Lombera recoñece que o equipo de investigación aínda non expuxo nada neste sentido. «Máis que nada foi por falta de tempo, porque estivemos moi ocupados analizando os materiais e os datos que se obtiveron nos diferentes xacementos e preparando publicacións», apunta. «Pero por agora tampouco ninguén nos pediu nada desde o Concello de Monforte ou desde calquera outra entidade», engade.

Ao seu xuízo, unha forma de celebrar este aniversario podería ser presentar publicamente un estudo que recolle e resume todos os descubrimentos arqueolóxicos realizados dentro deste proxecto en Monforte e noutros municipios da comarca. Este traballo está a ultimarse na actualidade e publicarase nos próximos meses nunha revista especializada.