Un importante depósito de fósiles de animais prehistóricos

La Voz

LEMOS

04 oct 2014 . Actualizado á 05:00 h.

Cova Eirós é coñecida sobre todo polos xacementos arqueológias do home de Neandertal e do Homo sapiens moderno que están a ser estudados desde o 2007, así como polo feito de conter as primeiras mostras descubertas en Galicia de arte rupestre paleolítica. Pero a gruta de Triacastela encerra tamén un conxunto de fósiles de animais de grande importancia, que xa empezou a ser investigado con anterioridade.

Na cova non só se atoparon restos de oso das cavernas (Ursus spelaeus) e oso pardo (Ursus arctos), senón tamén de moitas outras especies, como cervos, rebecos e bóvidos. Nos últimos anos, no xacemento descubríronse ademais diversos fragmentos de fósiles de rinoceronte, león das cavernas e lince.

Boa parte destes restos fósiis proceden de animais que foron cazados e consumidos en diferentes épocas polos habitantes humanos da cova. Outros, en cambio, pertencen a exemplares que usaron a gruta como cubil en períodos nos que non había ocupación humana.