Críticas a Georgina Rodríguez por un comentario á muller de Griezmann

M. A. LAGO

INFORMACIÓN

MASSIMO PINCA

A noiva de Cristiano Ronaldo felicitou á parella polo seu segundo embarazo e acabou recibindo moitas críticas

21 oct 2018 . Actualizado ás 15:14 h.

Cristiano Ronaldo e a súa familia non gañan para desgustos. Se o futbolista da Juventus foi denunciado por un episodio de abusos sexuais no 2009 nun hotel de Las Vegas e de ter tratado de silenciar á muller con diñeiro, agora a que recibiu centos de críticas é a súa parella, Georgina Rodríguez.

O motivo non é outro que un comentario seu en Instagram  á muller de Antoine Griezmann. O futbolista e a súa parella, Erika Choperena, anunciaron fai tan só uns días que serán pais por segunda vez. O dianteiro do Atlético de Madrid descoñecía o sexo do seu segundo fillo, así que a súa muller decidiu facer unha festa sorpresa na que lle desvelaría que será un neno. Erika publicou unha foto na súa conta en Instagram cunha imaxe da festa, foto que recibiu numerosos comentarios felicitando á parella.

Entre eles o da noiva de Cristiano Ronaldo. Georgina publicou: «Un hombrecito para controlar os futuros amores da preciosa Miña e pór orde!! Alégrome moito». Desafortunado ou non, o caso é que as súas palabras xeraron centos de comentarios que tacharon as súas palabras de «machistas» e «innecesarias». Ata o punto de que a propia Erika tivo que saír no seu defensa e publicou «Isto non é machismo, non imos pórnos histéricos! s! Eu sendo moza e a pequena da familia sempre controlei 'como, cando e con quen' saía o meu irmán, e viceversa. Non é nada malo, é amor de irmáns».