
Varios grupos amenizarán unha celebración que contará con representación do club e dos planteis de primeiro equipo, filial e As Celtas
09 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A peña celtista Lenda Celeste de Ponteareas, que desde hai uns meses leva o nome do actual xogador do primeiro equipo do Celta Damián Rodríguez celebra este xoves, desde as 18.00 horas no Café Goya, o seu décimo aniversario. Nesta data tan especial, estarán acompañados por un xogador do cadro de Primeira División, un do Celta Fortuna e unha integrande de As Celtas, así como representación da directiva, da área social e da Federación de Peñas Celtistas.
Nas últimas horas, a agrupación deu algúns detalles máis de como vai ser esta festa de aniversacio. A música correrá a cargo de DJ Miguel, membro da peña. Tamén estará o Wilsons Band, «grupo de rapaces cun talento brutal que serán os encargados de facer subir a temperatura», avanzan; entre os seus membros, outro peñista. A noite pecharaa no escenario a banda Canyonero, que interpretará temas de rock nacional e internacional.
Dende as 18.00, contarán con Enredos Animación, reclamo para os máis pequenos, que terán, sinalan, pintacaras e mais sorpresas. Non faltará a comida, co posto de Moi, outro integrante de Lenda Celeste, nin bebida, a cargo da súa sede, Goya, onde terá lugar o evento. Do mesmo xeito, haberá sorteos de regalos para os seus peñistas, aínda que a festa é aberta para todo o celtismo. Por último, haberá un stand con merchandising da peña: sudadeiras, bufandas, chaveiros, pegatinas e pulseiras, entre outros.