
O atacante é o único xogador do Celta convocado pola súa selección
05 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.A partir das seis da tarde deste venres, a Suecia de Williot Swedberg recibe á selección de Armenia en partido valedoiro para a clasificación do próximo Europeo sub-21. É o primeiro partido da fase. O xogador do Celta aceptou volver á sub-21 do seu país despois de declinar a invitación para estar na convocatoria anterior. O seu obxectivo é acadar a absoluta canto antes.
Swedberg é o único futbolista ausente da Cidade Deportiva Afouteza durante este parón de seleccións. No entanto, hai outros dous futbolistas cos que non pode contar Claudio Giráldez, Carl Starfelt e Marcos Alonso, que están no parte médico, pero deberían estar listos para o compromiso ante o Xirona.