
O delegado do Celta viu a vermello no desconto do partido do domingo
04 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.O delegado do primeiro equipo do Celta, o exfutbolista Vlado Gudelj, foi sancionado cun partido pola súa expulsión do pasado domingo, no desconto do encontro fronte ao Vilarreal en Balaídos. Impónselle este castigo por «conduta contraria á boa orde deportiva, con multa accesoria», que segundo o Código Disciplinario da RFEF, pode ser dun máximo de 602 euros.
Foi no minuto 93, pouco antes de que chegase o empate final con gol de Borja Iglesias, cando Gudelj intentou quitarlle o balón, co xogo parado, a un contrario co obxectivo de que non se perdese tempo. A afección respondeu, especialmente desde a bancada de animación, apoiándolle co clásico cántico de «Gudelj, Gudelj».