
Unha parella comprometeuse durante o Celta-Vilarreal de Balaídos
01 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.Un dos momentos da tarde no estadio de Balaídos chegou cunha pedida de man que tivo lugar na bancada de Río pouco despois de que Quintero Gonzáles decretase o final dos primeiros 45 minutos do duelo entre Celta e Vilarreal. A continuación, os noivos levaron o aplauso dos asistentes, que corearon o clásico «que se biquen!». Non faltou, efectivamente, o bico para celebrar que a noiva aceptou a proposta da súa parella.
Non é a primeira vez na historia recente do club que unha parella de noivos comprométese co resto de celtistas presentes no estadio como espectadores. Sucedera en setembro do 2023, nun Celta-Mallorca, coa bancada de Gol como escenario do compromiso entre José Luis Villalta e Margarita Carranza. Tamén se lembra outro exemplo en Marcador hai case once anos, cando José Cid pediu a man a Sabela Fernández.
.@FigueiroSan & @manudominguez99 ?
— Bancada de Río (@gradaderio) August 29, 2025
Vídeo: @SilAlonsoPhoto pic.twitter.com/usozsiwwcj
Ademais, Gabri Veiga pediu matrimonio á nai do seu futuro fillo, Carla Leins, en Balaídos o pasado decembro, aínda que nese caso, foi un acto privado, sen máis público que os seus seres queridos. No seu momento, e cun anuncio do club como pano de fondo, se comprometiero, así mesmo, o presidente da pena siareiros.net, JES, e a súa compañeira, Luz. Recentemente, outros noivos anunciaron a súa futura voda cun vídeo en clave de humor gravado nos exteriores do campo.