Pato Guillén, novo adestrador de porteiros da Celta Fortuna

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

XOAN A. SOLER

Recentemente retirado, o ex do Compostela, entre outros equipos, substitúe a Gael Potti

15 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Pato Guillén (Montevideo, 1984) é o novo preparador de porteiros da Celta Fortuna, como substitución de Gael Potti. Cunha longa traxectoria futbolística en Galicia, a tempada pasada aínda estivo en activo no Ourense CF, en Primeira Federación, a mesma categoría na que agora pasa aos bancos; na súa traxectoria tamén figuran Compostela ou Boiro. Foi o pasado 9 de xullo cando anunciou oficialmente a súa retirada e agora inicia unha nova etapa en Vigo.

A pretemporada do filial celeste, dirixido novamente por Fredi Álvarez, comeza este mércores. Os cérberos cos que traballará o novo integrante do corpo técnico do filial serán Coke Carrillo, que de momento está con Claudio Giráldez no primeiro equipo; o recentemente chegado brasileiro Caio Barone e o canteirán Marcos González, que dá o salto unha vez finalizada a etapa xuvenil.