O Celta acada un acordo con Sonia García, que se desvincula da entidade

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

XOÁN CARLOS GIL

Polo momento, non se chegou a un entendemento con José Gainzarain

01 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Celta veu mantendo un contencioso aberto desde o pasado mes de marco co seu exCEO José Gainzarain e a que foi a súa directora financeira Sonia García, con quen o club acadou onte un acordo para evitar o xulgado. «O RC Celta e Sonia García acadaron hoxe un acordo para a desvinculación da que fose directora financeira da entidade. O club agradécelle os servizos prestados durante a súa etapa no RC Celta», foi o conciso anuncio por parte do club.

Polo momento, non hai acordo con Gainzarain, que no seu día ofreceu a súa versión sobre o que ocorrera coa súa saída do club vigués. Falaba dunha «perda de feeling» por parte de Marián Mouriño e revelaba que, á súa chegada á entidade, atopouse unha situación «preocupante», engadindo que durante o ano e medio que pasou no cargo, incrementáronse os ingresos nun 40% na área corporativa, cun resultado bruto «dun 190%» con respecto á tempada 2022/2023.

Ens ou comparecencia para facer balance da tempada, a presidenta tamén foi preguntada sobre a marcha de Gainzarain. Sen estenderse demasiado neste asunto, argumentou que o consello decidiu prescindir de José Gainzarain «preparándose para a magnitude do que viña», sinala Marián Mouriño.