Fredi Álvarez continuará a cargo do filial e Vicky Vázquez está a piques de renovar polAs Celtas

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

XOÁN CARLOS GIL

Marián Mouriño confirmou a continuidade dos dous adestradores para o próximo curso

30 may 2025 . Actualizado á 23:20 h.

Fredi Álvarez, que ten contrato co Celta, con independencia de que dirixa ou non ao filial, continuará a próxima tempada como técnico da Celta Fortuna en Primeira Federación e o club anunciará en breve a renovación de Vicky Vázquez como adestradora do primeiro equipo dAs Celtas, que a próxima tempada militará na Segunda Federación.

«Fredi ten contrato polo club, estea ou non estea (no B), é unha peza importante na formación. Seguirá en Primeira Federación esta tempada e se algún día non estivese, estaría no club, é adestrador do club, do Celta. Apostamos pola súa valentía e o que achega aos mozos», comentou Marián Mouriño, que ratificou que será o adestrador do filial o próximo curso.

Con respecto a Vicky Vázquez, desvelou que falaran con ela de se se vía preparada e está «ilusionadísima e con esa forza e enerxía». En breve, anunciarase a súa renovación, avanzou a presidenta, que mostrou o seu compromiso co proxecto.