Así será a Romaría Celtista dos días 30 e 31 de maio: «afouteza e festón» en Allariz
GRADA DE RÍO

A peña organizadora vén de dar a coñecer os detalles da programación o evento, con actividades e actuacións musicais
13 may 2025 . Actualizado a las 09:38 h.O día 21 de maio remata o prazo para adquirir entradas para a VIII edición da Romaría Celtista, que será organizada pola peña Allariz Celeste na localidade ourensá os días 30 e 31 de maio. Ao longo das últimas semanas, foron anunciando aos poucos diferentes actuacións e actividades ata completar un programa que xa é público na súa totalidade e que se confeccionou baixo o lema de «afouteza e festón».
Con todo pechado, desde a peña fan «un chamamento para animar á xente a que veña», en palabras de Paco Novoa, un dos peñistas organizadores da romaría, que lembra que se poden mercar as entradas tanto en puntos de venda físicos como mediante transferencia. Imos pasalo moi ben, aparte de que vai ser nun sitio espectacular ao lado do río. Vai ser unha boa xornada para todos, augura. Contan con ser unhas 300 persoas e malia que o evento xerou moita expectación e están moi satisfeitos coa resposta, aínda quedan algunhas prazas.
Novoa sinala que os peñistas teñen moitas ganas de que chegue o día, que será a recompensa ao traballo dunha cita que levan preparando desde que aceptaron hai case un ano coller a testemuña de Termas Celestes, que desenvoleu a edición anterior en Ourense capital. «O día da romaría tamén nos vai dar moito traballo, pero facémolo con moito gusto para que o celtismo o pase ben e desfrutar xuntos. Así que con ganas de que acabe a tempada, claisificarnos para Europa, que chegue a Romaría e celebrar todos xuntos en Allariz», afonda.
? Celtistas
— Romaria Celtista (@CeltistaRomaria) May 11, 2025
? Deixámovos publicada toda a programación da Romaría Celtista
? Días 30 e 31 de Maio
? O día 21 de Maio é a data límite para mercar os tickets do xantar
?Festa, música e xantar a raudais
?? Calquera dúbida contactade con nos por MD
Xa non queda nada! pic.twitter.com/LOWXlpgCRN
Na primeira xornada, o venres 30, haberá a partir das 19.00 horas un roteiro de viños polo casco vello de Allariz como aperitivo da xornada central da romaría, ao día seguinte. O sábado, desde as 11.00, haberá un percorrido polas rúas da vila, seguido da sesión vermú nos xardíns do Museo do Coiro coa Charanga A Felga. Ás 14.30 será a inauguración da romaría, seguida do xantar popular no mesmo escenario dos xardíns do Museo do Coiro. Ao longo da tarde haberá hinchables e pintacaras para os cativos, capionato de futbolín, sorteos e música con DJ. Logo virán os concertos, a cargo de Engra (20.30) e Maskarpone (22.30). Gaiteiro de Penalta tamén amenizarán esta cita.