
O compostelán anotou en balde os tres goles do Celta ante o Barcelona
20 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.Borja Iglesias parecía chamado a ser o gran protagonista e heroe do partido deste sábado fronte ao Barcelona cando no minuto 62 marcou o 1-3, terceiro gol do Celta e tamén terceiro na súa conta persoal. Con todo, o resultado final, con tres goles máis do Barcelona para darlle a volta ao luminoso e deixar ao equipo vigués sen puntos, embazou o logro de compostelán, que nunca antes vira portería tres veces nun mesmo encontro da máxima categoría.
Frenkie de Jong non calculou ben e Borja Iglesias aproveitouno en Montjuic ?
— DAZN España (@DAZN_É) April 19, 2025
O RC Celta marca o segundo ante o FC Barcelona#LALIGAenDAZN ?? pic.twitter.com/vfcghjvt0b
Convértese no segundo futbolista que salgue derrotado do campo do Barcelona despois de asinar tres goles, algo que lle sucedera a Seguí, do Valencia, no ano 1948, segundo datos de Pedro Martín. De acordo coa mesma fonte, os anteriores xogadores en celebrar tres goles a domicilio fronte aos culés nun mesmo encontro foran Shevchenko, co Dynamo, en 1997 na Copa de Europa; Forlán, co Vilarreal, en liga en 2005; Mbappé, co PSG, en Champions no 2021 e Benzema, co Madrid en Copa do Rey no ano 2022. O xogador español máis recente con este logro era Figueira, co Zaragoza, na Supercopa de 1994.
«Co 1-3, imaxinaba un final mellor, sabendo a dificultade. Hoxe estou triste, pero en liñas xerais estou feliz, gozando moito no equipo, traballando moito cunha idea de xogo que me vén ben, vénnos ben a todos», comentaba Iglesias á conclusión do partido, recoñecendo unha «sensación agridoce» polo logro persoal e que fose insuficiente para puntuar.
"Creo que temos armas. Coa ilusión e as ganas de volver a Europa con este club"@BorjaIglesias9, autor dun hat-trick ante o Barça, soña con xogar en Europa co @RCCelta ?#LALIGAenDAZN ? pic.twitter.com/wc65aqijbh
— DAZN España (@DAZN_É) April 19, 2025
Ademais, o dianteiro admite que están «ilusionados» coa posibilidade do retorno a Europa. «A base está clara: somos un equipo que intenta propor, ser protagonista, facer un fútbol alegre, ser presionantes. Aí está o sentido e a ilusión de pór pelexar. Temos armas; logo, a liga é dura, pero imos intentalo con ganas e ilusión», sostén.