Carreira: «Hai que ser autocríticos, non foi o noso mellor día»

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

JORGE ROPERO - LOF

O xogador do Celta destacou que a afección do Celta volveu estar «marabillosa» ante o Espanyol

13 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Sergio Carreira admitiu trala derrota do Celta ante o Espanyol que non foi «o mellor partido nin moito menos», pero que aínda así, crearon «ocasións claras» e fixeron «cousas ben». «Pero hai que ser autocríticos e non foi o noso mellor día», analizaba. Sabendo que o Espanyol «é un equipo complicado, agresivo e que sae moi ben á transición ofensiva, onde son perigosos», non puideron evitar que «en dúas chegadas illadas, fixeran dous goles», ante o que só queda «mirar cara adiante».

Sobre a afección, lamentou que non lles puidesen devolver a confianza do recibimento con tres puntos. «No meu nome e no da plantilla, de todos, coma sempre, estamos moi agradecidos. Son unha marabilla».  Agora, pensan en Barcelona, a onde irán, «sen medo a perder nada» a intentar rascar algún punto». Na situación na que estamos, que é boa, temos que ir a un campo dos máis complicados da liga c«on moita forza.»