00031715534874767274284
00031715534874767274284

Guaita: «Mantivemos a portería a cero ata o 83 e faltou moi pouco»

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

Isabel Infantes | REUTERS

O gardameta do Celta subliña tras caer ante o Atlético que teñen que seguir traballando coa mesma idea

12 may 2024 . Actualizado ás 19:29 h.

O porteiro do Celta Vicente Guaita lamentou a derrota na Metropolitana fronte ao Atlético de Madrid e o xeito en que se produciu. «Quedaba pouquiño para poder conseguir un punto. Queda pouco para o final de liga, cada punto é importante e canto antes esteamos matematicamente salvados, mellor. Pero sabiamos que viñamos a un campo difícil, onde levan tempo facendo as cousas ben e mantivemos a portería a cero ata o 83. Fixeron un gran gol, ímonos sen puntos e a descansar para omércores », resumiu.

Tivo eloxios para o gol de Rodrigo De Paul que decantou o encontro aos 83 minutos e que era imparable para el, que previamente fixera un bo puñado de intervencións de mérito ao longo do partido -en total, realizou sete-. «Meteu un gran gol. Había moita xente diante e defendemos ben o córner, pero sabiamos que eles tiñan moita xente detrás. É un gran gol e hai que seguir», gabia.

Preguntado pola melloría do equipo desde a chegada do actual adestrador, Claudio Giráldez, di o valenciano: «Temos que seguir traballando na nosa idea e sacar a tempada adiante para logo empezar a seguinte desde o principio co adestrador novo», en referencia a Giráldez.

 ./