O 1x1 do Celta en derrótaa fronte ao Atlético

X. R. C. VIGO

BANCADA DE RÍO

JORGE ROUPEIRO - LOF

Vicente Guaita foi o mellor dos celestes no Cívitas Metropolitano

12 may 2024 . Actualizado ás 19:01 h.

O mellor | Guaita | 8

O porteiro valenciano fixo sete paradas de mérito e nada puido facer no gol de De Paul.

Jailson | 6

Correcto en defensa e disposto sempre a darlle sempre a darlle saída ao balón. Foi central dereito.

Starfelt | 6

Tiña como misión anular a Griezmann e o francés rematou sendo relevado. Soubo convivir cunha amarela.

Unai Núñez | 5

Mellor en defensa que na saída de balón. Cometeu un par de erros.

Mingueza | 6

Comezou dubitativo, con dúas malas entregas e sufrindo con Riquelme e Lino , pero despois foi a máis, especialmente en ataque.

Beltrán | 6

Moito desgaste e moita presenza no mollo. Participativo.

Damián | 6

Segunda titularidade para o canteirán. Ben co balón e con visión de xogo. Non encimó a De Paul no gol.

Hugo Álvarez | 6

Participou moito no xogo, dando mostras da súa calidade en ataque e disciplinado atrás.

Iago Aspas | 6

Xogou na esquerda moitos minutos e foi gañando protagonismo a medida que pasaban os minutos. Tivo a mellor ocasión.

Larsen | 5

Moito traballo e só unha ocasión clara, na que non chegou ao balón.

Bamba | 7

Pasou á dereita para tapar as subidas do rival e desde participou en todo o xogo de ataque e asinou un dos seus mellores partidos. Acabou moi canso.

Tadeo | 4

Apenas participou no partido xogando como dianteiro. Un tanto desenchufado.

Luca | -

Entrou co partido costa arriba e apenas tivo protagonismo

Douvikas | -

Fixo unha falta e non tivo ningunha oportunidade.

Manquillo | -

Foi o refresco para a zona defensiva con todo o contra. Apenas interveu.

Miguel| -

 Entrou no desconto e non tivo tempo para nada../