O polbo da Tapa Celeste para Luca da Torre

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

CEDIDA

A pena viguesa entregou un obsequio especial ao xogador do Celta este martes

28 feb 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Integrantes da pena celtista viguesa A Tapa Celeste estiveron este martes na Cidade Deportiva Afouteza de Mos, onde foron recibidos polo xogador do Celta Luca da Torre. Tiñan un agasallo especial para el, unha figura de cerámica dun polbo, o prato que fixo costume comer cada vez que a Celta gana e que tamén é emblema desta agrupación celtista. O agasallo leva o seu nome e, a maiores, tamén lle obsequiaron cunha bufanda da pena. O club vigués recolleu o momento:

A Tapa Celeste, pena celtista creada durante a pandemia no barrio de Lavadores, está a revelarse como un colectivo moi activo, con multitude de iniciativas no seu curto período de vida. Recentemente, lanzaron unha adaptación da letra da canción italiana Será porque te amo como nova proposta para animar cantando ao equipo en Balaídos.