![](https://img.lavdg.com/sc/fNdvr20ofrSMnewx_VRDfrQlZ3g=/480x/2024/02/22/00121708624322740255327/Foto/V_20230928_213822012.jpg)
Ortiz Arias será o colexiado principal, mentres que Soto Grao estará no VAR
23 feb 2024 . Actualizado á 05:00 h.Miguel Ángel Ortiz Arias foi designado como colexiado principal do partido entre Celta e Cádiz que se disputará o domingo no Novo Mirandilla, mentres que César Soto Grao estará no VAR. É a mesma parella arbitral do duelo fronte al Alavés, aínda que cos roles intercambiados; nese duelo, foi expulsado Luca da Torre, ao que se lle comentou onte esta cuestión: «Agardo quedar no campo vos 90 minutos. Grazas», respondeu con humor.
Sobre que estará -cos papeis cambiados principal-VAR- o mesmo equipo arbitral da súa expulsión ante o Alavés -Ortiz Atias e Soto Grao-:
— Bancada de Río (@gradaderio) February 22, 2024
«Agardo quedar no campo vos 90 minutos. Grazas» ? pic.twitter.com/0wll3fgays
Máis aló desta anédcota, os precedentes do Celta con Ortiz Arias son de catro vitorias, tres empates e dúas derrotas e será a terceira vez que actúe como árbitro principal do equipo esta tempada. Os outros dous duelos foron a visita a Anoeta (1-1) e o triunfo ante o Betis, partido no que expulsou no banqillo a un Iván Villar que tivo que cumprir dous partidos de sanción. Tamén mostrara vermella a tempada pasada a Renato Tapia, que pronunciou tras vela aquela «que prepotencia» que lle custou tres partidos. Ademais de ante o Alavés, Ortiz estivo no VAR no Valencia-Celta de Copa.
En canto a Soto Grao, árbitro principal desa cita fronte ao Alavés, tamén foi árbitro principal este curso do Celta-Real Sociedad de Copa, do Vilarreal-Celta e do Valencia-Celta na presente campaña.