Carles Pérez encadea catro partidos de liga sen participar co Celta

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

XOAN CARLOS GIL

O extremo catalán cumpre un mes sen minutos a pesar de estar dispoñible

19 feb 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O adestrador do Celta, Rafa Benítez admitira na previa que Carles Pérez podía ter o sábado unha motivación especial por ser a súa exequipo, o Barcelona, o que estaba enfronte en Balaídos. Pero non o tivo en conta á hora de facerlle intervir e o catalán encadea catro partidos de liga sen minutos, nun dos cales, fronte ao Osasuna, foi descarte e nin sequera viaxou.

Desde o seu último partido pasou case un mes. Foi fronte á Real Sociedade en Balaídos o 20 de xaneiro, disputando 32 minutos. Acumula 439 minutos en nove paridos de liga, catro deles como titular, mentres que en Copa anotou un dobrete ante o Turégano e sumou 71 minutos en tres partidos, todos saíndo desde o banco. Na última eliminatoria xa non interveu.

Crles Pérez tivo opcións para saír no mercado de inverno ante a súa falta de protagonismo, pero rexeitou varias e ao final ningunha opción chegou a concretarse. A súa falta de protagonismo é evidente hai tempo.