Unai Núñez: «Foi un dos mellores partidos da tempada defensivamente»

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

EDUARDO SANZ NIETO - LOF

O central do Celta mostrouse feliz pola portería a cero no Sadar e polos tres goles do equipo ante o Osasuna

04 feb 2024 . Actualizado á 20:22 h.

O xogador do Celta Unai Núñez considera que fronte ao Osasuna fixeron «defensivamente, un dos mellores partidos da tempada, con portería a cero», destacando tamén que no plano ofensivo, lograron meter as que tiveron, que era algo que se lles «estaba resistindo». «Hoxe deuse: portería a cero e tres goles. É bonito gañar deste xeito», comenta. Asegura que o equipo está con confianza e ganas de seguir traballando para continuar nesta liña.

Referiuse os debuts dos seus compañeiros Javier Manquillo e Tadeo Allende. «Dérono todo como nós. A pesar de que os resultados non estivesen a saír, o equipo non deixa de traballar, segue confiando, correndo como tolos e é o único xeito na que imos poder saír. Confiamos en que así vai ser», di o central.

Ademais, Núñez deu as grazas á afección por non fallar nunca, nin en Balaídos nin nos desprazamentos. «Déixanse a alma para darnos ese puntiño máis nos bos momentos e nos malos. A mensaxe é que sigan confiando, porque a pesar do resultado, o equipo non vai deixar de traballar e pelexar ao máximo para que o Celta estea onde merece, que é máis arriba na clasificación».