Rafa Benítez: «É unha liberación que o traballo dea os seus froitos»

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

Xoán Carlos Gil

O técnico cre que o triunfo ante o Betis reforzará a confianza do grupo

03 ene 2024 . Actualizado á 22:29 h.

O adestrador do Celta, Rafa Benítez, subliñou tras a vitoria ante o Betis con gol de Williot Swedberg no desconto que ten «moita confianza» no futbolista sueco. «É un xogador mozo, ten que ir entrando. Ás veces, estás a pensar en metelo antes, pero cando falas de experiencia, etc. ten que valorar», indicou. Neste caso, asegura que tivo claro o cambio unha vez que se lesiona Franco Cervi, porque xa tiña en mente darlle entrada. «Adestra fenomenal e ten un gran futuro pero, como todo, hai que ir aos poucos. Darlle o premio supón unha gran satisfacción, como aos xogadores que traballan e aos afeccionados que tanto sufriron», comenta.

Mantense o técnico no discurso de que a liga é «un maratón» e deben «seguir correndo». «Ao principio, pensamos se nos metiamos en metade de táboa; agora, hai que pensar en seguir correndo máis que tres equipos e se podemos acadar máis, facelo», apuntou ao fío do feito de que saen de descenso. Este triunfo é «un paso adiante importante para a confianza do grupo, un recoñecemento aos xogadores, que traballaron ata o último minuto, e ao público, que axudou incluso con actos previos».

Benítez percibe «o sentimento celtista, ou celtiña» e dálle unha grande importancia. «Todo iso suma. A ver se somos capaces de manter este ritmo, intensidade, implicación e compromiso de todos e chegar máis arriba».

Desmenuzó o que valorou para os cambios tendo en conta que buscaba «equilibrar e gañar». «Se es demasiado ofensivo, se cadra escápache o partido, e se es demasiado defensivo, un empate deixaría mal sabor de boca». Ademais, o Betis apertaba e necesitábanse « pernas» que buscou con Swedberg e Hugo Álvarez. Revelou que houbo tres ou catro xogadores con gripe esta semana e que un deles era Miguel Rodríguez.

Benítez lamenta que están «acostumados ver cousas raras» en canto á arbitraxe esta campaña e cre que a final de tempada, analizarase e dará unha volta a algúns aspectos. «Os partidos están a perder continuidade e ritmo que caracterizaba ao fútbol. Hai demasiados paróns e análises. Creo que se reconsiderará como usar a tecnoloxía», dixo sobre a revisión do tanto anulado a Larsen.

Cre que o xeito de celebrar de xogadores e público é porque son moitos partidos merecendo máis e cando aparece o VAR, temían que se complicase de novo. «É unha liberación que o traballo dea os seus froitos».

«Primeira non é Primeira RFEF»

Rafa Benítez tratou de explicar por que os canteiráns non teñen máis protagonismo no seu equipo: «Primeira RFEF non é Primeira División e cando un equipo está abaixo, sufrindo, é máis difícil que un canteirán saia e estea ao nivel agardado. Oxalá gañemos partidos e poidámoslles dar minutos. Estando en metade de táboa, sería facilísimo». Así, cre que coa presión da situación clasificatoria, prexudícaselles e di que fala por experiencia no fútbol base de Madrid e Liverpool.. «O noso filial é o mellor equipo da categoría ou dos mellores, pero cando trasladamos a Primeira, é outra historia». 

Á falar de que tiveron tres ou catro xogadores con gripe, entre eles, Miguel, afirmou que tiña claro recorrer a Williot e Hugo Álvarez para refrescar ao equipo. Do ourensán di que o seguen de preto, pero que tendo a Bamba, Miguel, Carles ou Wiliot, complícase darlle minutos.