Swedberg marca e asiste coa selección sueca sub-21

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

CEDIDA

Foi retirado á hora de partido ante Moldavia e hoxe será a quenda de Bamba e Luca da Torre

14 oct 2023 . Actualizado á 05:00 h.

O atacante do Celta Williot Swedberg foi titular na xornada de onte coa selección sueca sub-21 que se mediu ao Moldavia. O céltico foi protagonistas no 4-0 con gol e asistencia. Williot marcou o segundo aos 19 minutos tras dar o pase para o primeiro dos dous que anotou Vilhelmsson e foi substituído á hora de partido.

Hoxe será a quenda de Jonathan Bamba e Luca da Torre. Aos dous célticos agardan partidos amigables. No caso do dianteiro, Costa do Marfil mídese con Marrocos desde as sete da tarde e os americanos de Luca da Torre xogan desde as nove con Alemaña.