Aspas, Beltrán e Sergio celebran os 25 anos de Carcamäns

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

Os convidados ao aniversario viviron un baño de masas na Illa de Arousa

08 sep 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Os xogadores do primeiro equipo do Celta Iago Aspas e Fran Beltrán estiveron onte na Illa de Arousa xunto ao excéltico Sergio Álvarez para participar no acto que abre a celebración dos 25 anos da peña desa localidade Carcamäns. Trátase da agrupación máis numerosa do celtismo, que este ano acadou o milleiro de peñistas.

O acto de onte, presentado polo actor Carlos Blanco -célebre membro da peña-, tivo lugar no auditorio do Concello. Pensado especialmente para os máis pequenos, foron estes os que ateigaron ese espazo, desde bebés practicamente recén nacidos. Os futbolistas asinaron autógrafos e fixéronse fotos, recibindo un baño de multitudes entre bandeiras e bufandas co cadro vigués, que neste 2023 celebra os seu centenario ao tempo que a súa peña máis emblemática acada o cuarto de século.