O «1x1» do empate do Celta ante a Real Sociedade

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

AFP7 vía Europa Press | EUROPAPRESS

Iago Aspas, que liderou o xogo do cadro celeste, foi o futbolista máis destacado do partido

19 ago 2023 . Actualizado á 19:44 h.

O mellor | Iago Aspas | 8

Liderou o xogo do Celta, especialmente na segunda metade. Xogou e fixo xogar aos seus.

Iván Villar | 5

Resolveu ben o traballo que tivo no primeiro tempo. No gol estaba vendido.

Mingueza | 7

Perdeu a marca no gol de Barrenetxea, pero cumpriu no resto do seu traballo defensivo, profundou e marcou o gol do empate.

Unai Núñez | 6

Un paso adiante con respecto á semana pasada, pero sufriu no xogo aéreo e fáltalle ritmo.

Starfelt | 6

Fáltalle ritmo e compenetración, ben por arriba. Apareceu no balón parado ofensivo.

Manu Sánchez | 5

Kubo púxoo tolo no primeiro tempo, na segundo entoouse máis.

Bamba | 6

Un dos que mellor está a comezar a tempada. Tivo dúas ocasións e estivo participativo. Asóciase ben con Aspas.

Beltrán | 5

Vontade e acerto non foron da man. Xogou como terceiro central un treito do segundo acto.

Hugo Sotelo | 6

Un tiro ao pau e desenvoltura co balón do canteirán. Sufriu máis en defensa. Foi relevado no descanso.

Luca da Torre | 6

Faltoulle profundidade pero tivo un gran despregamento no centro do campo.

Larsen | 6

Comezou ben cunha ocasión claro e rompendo ás costas dos centrais, pero cando pasou á banda sufriu máis.

Aidoo | 5

Ben en defensa, como terceiro central, mal na saída de balón pero providencial na xogada do gol do empate.

Miguel Rodríguez | -

Saíu moi enchufado, pero tivo menos protagonismo.

Dotor | -

Tivo dúas perdas nada aconsellables.

Cervi | -

Deulle aire á banda e estivo moi activo.

Swedberg | -

Minutos testemuñais co partido empatado.