José Fontán, convocado pola selección española sub-21

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

SEFÚTBOL

O canteirán do Celta está cedido esta tempada no Go Ahead Eagles e perdeuse os últimos partidos por lesión

16 sep 2022 . Actualizado á 12:29 h.

O canteirán do Celta José Fontán, cedido esta tempada polo Celta no Go Ahead Eagles, recibiu esta mañá unha nova chamada da selección española sub-21, coa que xa foi convocado en varias ocasións a tempada pasada. O vilagarcián forma parte da lista de Luis de la Fuente para os próximos compromisos amigables previstos polo combinado nacional fronte a Romanía en Ckuj Napoca o venres 23 de setembro e fronte a Noruega o martes 27 de setembro España no estadio dO Alcoraz (Huesca). 

Fontán perdérase os últimos compromisos do conxunto da Eredivisie onde está a préstamo e onde estaba a ser un fixo, pero parece que eses problemas físicos non lle impedirán concentrarse de novo co combinado español. É o único representante do Celta a pesar de que o curso pasado tamén recibiu varias chamadas Sergio Carreira e de que o gran rendemento de Gabri Veiga parecía postularlle como candidato despois de ser no seu día internacional coa selección española sub-18.