Redes recicladas para as porterías do Celta

LA VOZ VIGO

BANCADA DE RÍO

ABANCA

Brais Méndez recolleu o novo material proponrcionado por Abanca dentro do seu proxecto Redes Vivas

28 abr 2022 . Actualizado á 05:00 h.

O futbolista do Celta Brais Méndez recolleu onte 30 redes recicladas para as porterías dos seus campos de adestramento que foron proporcionadas por Abanca. Os outros receptores foron Eduard Campabadal, en representación do Lugo, e Álex Bergantiños, do Deportivo. Esta iniciativa forma parte do proxecto Redes Vivas e os deportistas participaron, así mesmo, nun coloquio sobre a sustentabilidade no deporte.

O proxecto Redes Vivas, que formaparte da liña de acción ambiental de Abanca, deu unha nova vida a 1.938 quilos de redes abandonadas en espazos costeiros. A directora de Mercadotecnia do banco, Susana Ortiz, e o seu responsable de Sustentabilidade, María García, foron as encargadas de realizar a entrega. Tamén asistiu ao acto Ángeles Millet, representante das redeiras artesás de Malpica, profesionais que realizan, xunto coas súas compañeiras de Corme, os traballos necesarios para transformar os aparellos abandonados en material de uso deportivo.

Con motivo da entrega das redes recicladas, os tres futbolistas participaron nun coloquio sobre a sustentabilidade no deporte. En concreto, explicaron as iniciativas que están a impulsar os seus clubs neste ámbito e valoraron a importancia que teñen accións como Redes Vivas, posta en marcha por Abanca.