Emery desfará a igualdade nos seus duelos fronte ao Celta

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Salvador Sas

O técnico do Vilarreal gañou, empatado e perdido catro paridos contra os vigueses

10 mar 2022 . Actualizado á 05:00 h.

O técnico do próximo rival do Celta, o Vilarreal, Unai Emery, verase as caras co conxunto vigués este sábado por décimo terceira vez na súa carreira. Desfará así a igualade reinante ata o de agora, pois gañou, empatado e perdido ante os célticos o mesmo número de veces: catro.

Como local, como será o caso, suma tres vitorias e tres derrotas, unha delas, co Vilarreal, e as restante, co Sevilla. Como visitante, cultivou co conxunto hispalense tres empates e unha derrota e co Vilarreal, unha vitoria e un empate. Os duelos co club andaluz inclúen unha eliminatoria de Copa (4-0 no Sánchez Pizjuán e 2-2 en Balaídos nas semifinais da tempada 2015/2016).

Desde que dirixe ao conxunto castellonenco, cada un d os partidos tivo un signo diferente, polo que tamén esa igualdade está chamada a desfacerse esta fin de semana. O curso pasado, ambos gañaron a domicilio (0-4 en Balaídos e 2-4 nO Madrigal), mintras que esta tempada empataron na ida no municipal vigués (1-1).