O Celta suma dous puntos máis e leva once goles encaixados menos que hai un ano

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Óscar Vázquez

O número de cartóns amarelos reduciuse notablemente con respecto a estas alturas do curso pasado

23 feb 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

Co sumado ante o Levante, o Celta conta con 32 puntos, dous máis dos que conseguira a tempada pasada nas primeiras 25 xornadas. Entón levaba o mesmo número de derrotas que agora (9), pero conquistara un triunfo menos (7) e un empate máis.

O equipo de Eduardo Coudet —dirixido nas primeiras nove xornadas por Óscar García Junyent— sacara menos rendemento aos seus goles, xa que levaba un máis que agora (30 fronte a 29) e encaixara xa 37, por 26 na actualidade, unha diminución especialmente significativa. Agora, o balance segue sendo positivo.

Tamén melloraron de modo considerable os rexistros de cartóns amarelos. O Celta 2020/2021 vira a estas alturas un total de 72, mentres que agora vai polas 60. Tamén sufrira tres expulsións e na presente tempada non pasou da de Hugo Mallo na primeira xornada fronte ao rival do próximo sábado, o Atlético de Madrid.